ASOCIACIÓN  DE AFECTADOS POLA LEI DE DEPENDENCIA DE GALICIA

Que teño que facer para cobrar a prestación por dependencia? Contáctanos

ASESÓRATE

Que teño que facer para cobrar a prestación por dependencia?

Contáctanos

Presentación

A Asociación de Afectados pola Lei de Dependencia de Galicia (ALDEGA), en preocupación polo feito de que unicamente menos da metade das persoas con dereito a percibir as prestacións derivadas do sistema están efectivamente cobrando estas, nace como centro de unión e comunicación para dar respostas e alternativas ao desasosego que xera a situación de absoluto abandono en que se encontran as familias das persoas dependentes cando pretenden facer valer os seus dereitos.
Dende que iniciou o seu camiño a Asociación de Afectados pola Lei de Dependencia de Galicia (ALDEGA) fixémonos o firme propósito de que as persoas dependentes, e moi especialmente os familiares que con eles conviven, tivesen nesta Asociación de ámbito primordialmente galego un apoio e un órgano de asesoramento, formación, representación e defensa dos seus dereitos, así como unha canle ás súas aspiracións de que se de cumprimento e resulten beneficiarios dos servizos que se recoñecen pola lexislación sobre dependencia; pretendendo ao mesmo tempo que se formulasen propostas e se desen solucións aos seus problemas.
Deste modo, aspectos tales como a defensa da dignidade das persoas dependentes, o apoio ás súas familias para conseguir mellorar as súas condicións de vida, así como informar, orientar e asesorar acerca dos aspectos relacionados coa lexislación nesta materia, constitúen os principais obxectivos polos que avoga a Asociación de Afectados pola Lei de Dependencia de Galicia (ALDEGA). Así, dende este púlpito mostrámonos interesados en informar aos diferentes grupos de interese (axentes sociais), sobre os beneficios e servizos que achega a lexislación sobre dependencia.

SÉGUENOS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR