QUEN SOMOS
A Asociación de Afectados pola Lei de Dependencia de Galicia (ALDEGA) preséntase como unha entidade apolítica e sen ánimo de lucro que congrega a afectados polo incumprimento da Lei de Dependencia, os seus familiares e persoas sensibilizadas coa problemática deste sector. A Asociación nace co propósito de unificar nunha organización rexional a todo o sector prexudicado polo incumprimento da referida Lei, englobando a todos os operadores que actúan no devandito ámbito.
Xurdida co firme propósito de ofrecer e facilitar unha mellor calidade de vida ás persoas que se ven envoltas en contornas onde o apoio á autonomía das persoas dependentes é unha base fundamental, a Asociación de Afectados pola Lei de Dependencia de Galicia (ALDEGA), ten como Misión Básica informar, orientar e asesorar de todos os aspectos en relación á lexislación sobre dependencia, reunindo e difundindo información xeral e especializada nesta materia.
Así queda constituída o 21 de maio de 2.015, definida nos seus Estatutos como unha Asociación que terá unha duración indefinida, de ámbito territorial que abarca a Comunidade Autónoma de Galicia, fixándose o seu domicilio en Santiago de Compostela, Avenida de Vilagarcía, 13, Bajo; C.P. 15706 constituída especialmente para a defensa da dignidade das persoas dependentes, o apoio ás súas familias para conseguir mellorar as súas condicións de vida, así como informar, orientar e asesorar acerca dos aspectos relacionados coa lexislación nesta materia.
A NOSA MISIÓN
O principal obxectivo da Asociación de Afectados pola Lei de Dependencia de Galicia (ALDEGA), enmarcado no ámbito da Atención á Dependencia, é o fomento da autonomía persoal da persoa dependente e, por suposto, o apoio aos seus coidadores para que non sufran o illamento e soidade habituais cando se producen estas situacións tan persoais e, ao mesmo tempo, desoladoras.
Por iso, a Asociación pretende dar resposta ás necesidades que poidan xurdir na contorna de persoas que requiran o apoio e coidado doutras persoas para alcanzar unha mellor calidade de vida, conseguindo unha maior autonomía persoal.
Así pois, a principal misión de ALDEGA pódese resumir nun constante traballo para conseguir un benestar e unha mellor calidade de vida para todas as persoas dependentes e os seus coidadores, baseándonos no pleno respecto á súa dignidade e dereitos, intereses e preferencias a través da participación activa e efectiva.
QUE FACEMOS
Na maioría das ocasións a axuda que recibe a persoa dependente, e en especial a contorna que convive con ela non é suficiente. ALDEGA traslada a voz da sociedade aos poderes públicos, para desenvolver políticas de protección das persoas en situación de Dependencia.
OBXECTIVOS
Un dos obxectivos de ALDEGA é facilitar unha resposta ás necesidades que poidan xurdir na contorna de persoas que requiran o apoio e coidado doutras persoas, o que leva a cabo mediante a organización de cursos, xornadas e conferencias.