Obxectivos


En ALDEGA temos moi claro que o noso obxectivo principal é a defensa da dignidade das persoas dependentes e apoiar ás súas familias para conseguir mellorar as súas condicións de vida.

Máis concretamente, os obxectivos da Asociación pasan por:

  1. Informar, orientar e asesorar de todos os aspectos en relación á lexislación sobre dependencia, reunindo e difundindo información xeral e especializada sobre a situación que padecen as persoas dependentes e a súa contorna.
  2. Promover a participación social das persoas maiores, discapacitadas e dependentes en xeral, achegando os recursos mínimos referidos na lei.
  3. Dar a coñecer aos diferentes grupos de interese (axentes sociais), sobre os beneficios e servizos que achega a lexislación sobre dependencia.
  4. A representación, xestión e defensa dos intereses das persoas asociadas.

En definitiva, queremos mellorar o futuro das persoas dependentes (e das persoas que as acompañan a diario) que é mellorar o noso futuro propio.