A Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, nace coa aspiración lexítima de supoñer un logro importante na atención das persoas dependentes. Con todo, tivo e ten desde o seu principio todas as dificultades posibles para a súa aplicación, e iso tradúcese nunha vulneración dun dereito tan importante como é o dereito para ser atendido en situación de dependencia, dereito a ter autonomía tanto as persoas en situación de dependencia como as súas familias.
Como ben se expón nos motivos da devandita Lei no seu primeiro punto “A atención ás persoas en situación de dependencia e a promoción da súa autonomía persoal constitúe un dos principais retos da política social dos países desenvolvidos. O reto non é outro que atender as necesidades daquelas persoas que, por atoparse en situación de especial vulnerabilidade, requiren apoios para desenvolver as actividades esenciais da vida diaria, alcanzar unha maior autonomía persoal e poder exercer plenamente os seus dereitos de cidadanía“; reto, con todo, que no momento actual, non se plasmou por parte da Administración pública nunha resposta nin firme, nin sostida.
A deterioración do sistema propiciado por numerosos cambios normativos, lonxe de minorarse en Galicia cunha aposta decidida polo mantemento dos elemento básicos do sistema, manifestouse en toda a súa crueza na nosa Comunidade Autónoma como o demostra o dato de que desde o mes de xuño do pasado ano 2012 as demoras dos procedementos transformáronse nunha paralización de facto do sistema.
Esta paralización do sistema, supuxo que dende fai máis de seis meses ningunha persoa solicitante, recoñecida ou non como dependente nalgún grao, accedese ao sistema, salvo en situacións excepcionais de urxencia, aumentando así as persoas falecidas sen adquirir o dereito. Ao propio tempo, e como consecuencia diso, apareceron situacións insólitas, cal é a existencia de prazas vacantes concertadas nos Centros Residenciais e de Día que non chegan a ocuparse, unha menor demanda dos Servizos de Axuda a Domicilio e un grave, e nalgúns casos irreversible, problema laboral e económico de traballadores e traballadoras que se desempeñan profesionalmente neste sector.
Por se iso non fose suficiente, tivemos coñecemento polas denuncias cidadás, de que a Administración autonómica estaba a proceder a realizar un gran número revisións de oficio do grao recoñecido, cuxo resultado parece que está a ser na maioría dos casos a minoración do grao de dependencia que anteriormente se recoñeceu a persoas dependentes que tiveran o privilexio de beneficiarse dalgún dos servizos ou prestacións. O que supón máis do anterior.
Se vostede é familia ou pertence á contorna dunha persoa en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos pola Lei e, en maior medida, se xa ten recoñecida algunha das prestacións económicas ás que se pode acceder a través da Lei de Dependencia, todo o que necesita saber sobre o tema atoparao en ALDEGA: ofrecémoslle información actualizada por profesionais altamente especializados e cualificados.